Thursday 16 de May de 2024

María Fernández Sandoica presenta o seu poemario na Pobra


María Fernández Sandoica presenta na Pobra do Caramiñal o seu poemario Todo lo que no confundimos por amor. O acto terá lugar no 3 de maio, ás 21.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Alí estará arroupada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

No libro, a autora fala do amor. Como se reflicte na sinopse: “Un amor no cal entras, pero nunca saes; no cal sentes, pero nunca volves ver. A historia de amor máis real, máis grande, pero menos correspondida, coma esa mensaxe que escribimos e nunca mandamos.”

O acceso é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.